XXXIV Campeonato de España INFANTIL FEMENINO

Jugadoras

Más de 300 jugadoras

Seguidores

Más de 1.000 seguidores

Estadios

3 estadios en la ciudad

A Federación Galega de Baloncesto ten o pracer, unha vez máis,  de poder dar a benvida a Pontevedra a todo un Campionato de España.

Galicia volve a estar moi presente nesta temporada 2017 – 2018 nas citas de clubs a nivel nacional, e a celebración na vila pontevedresa do Campionato Infantil feminino é parte máis que importante da nosa representación.

Esta cita, que regresa a Pontevedra tras dúas exitosas experiencias pasadas, reunirá a máis de 500 participantes nun entorno moi especial que coñece e ama o baloncesto feminino e que, de seguro, será perfecto escenario, tanto a nivel deportivo como organizativo.

Repetimos a fortuna de poder gozar en Pontevedra dos 32 mellores equipos infantís femininos do país, entidades que compartirán con todos nós a súa paixón polo Baloncesto, e culminarán a súa experiencia en terras galegas coñecendo e agradecendo todos os valores da sede que os acolle.

A cidade do Lérez volverá a ser, polo tanto; sinónimo dun Campionato redondo, e todo da man do C.B. Arxil e do propio Concello de Pontevedra. Dende aquí, agradecer o seu esforzo constante por dinamizar o noso deporte e, agardar, que a cita que hoxe nos trae aquí, resulte todo un éxito.

 

A desfrutar da competición!

Francisco Martín Micó

Presidente de la Federación Gallega de Baloncesto

Día(s)

:

Hora(s)

:

Minuto(s)

:

Segundo(s)

GRACIAS A NUESTROS PATROCINADORES

CONTACTO

13 + 5 =